Tramitación de proxectos de Cartas de servizos
Atendendo á vixente normativa da Xunta de Galicia, as organizacións dela dependentes que promovan proxectos de cartas de servizos deben ter presentes os seguintes trámites:
- Tras a toma de decisión de querer desenvolver un proxecto de carta de servizos:
- Formalizar unha comunicación inicial escrita á Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, para dar conta da decisión de desenvolver o proxecto de carta de servizos e, de ser o caso, solicitar apoio ou colaboración nese cometido. Dita comunicación inicial debe ser:
- formalizada empregando o seguinte modelo normalizado:
Comunicación de inicio de proxecto de carta de servizos (Formato DOC)
Comunicación de inicio de proxecto de carta de servizos (Formato ODT) - subscrita pola secretaría ou dirección xeral da respectiva consellería (ou o máximo nivel directivo equivalente) da que dependa a organización prestadora dos servizos obxecto da carta
 - tramitada tanto no suposto de desenvolvemento dun proxecto de nova carta de servizos, como no suposto dun proxecto de modificación dunha xa vixente
 
 - formalizada empregando o seguinte modelo normalizado:
 
 - Formalizar unha comunicación inicial escrita á Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, para dar conta da decisión de desenvolver o proxecto de carta de servizos e, de ser o caso, solicitar apoio ou colaboración nese cometido. Dita comunicación inicial debe ser:
 - Tras a finalización de tódolos traballos do proxecto de carta de servizos e con carácter previo á aprobación definitiva da Carta de Servizos:
- Nos supostos de cartas de servizos que inclúan compromisos, medidas de compensación ou emenda que teñan unha posible repercusión económico-orzamentaria, ter xustificada a viabilidade orzamentaria e económica dos ditos compromisos ou medidas de compensación/emenda.
 - Remitir á Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa un dossier xustificativo do proxecto elaborado, para que este centro directivo realice unha auditoría do mesmo.
 - Ao mesmo tempo, formalizar a solicitude de informe preceptivo desta dirección xeral, conforme ó disposto no artigo 10º do vixente decreto regulador das cartas de servizos da Xunta de Galicia, empregando o formulario seguinte:
Solicitude de informe da dirección xeral de avaliación e reforma administrativa (Dxara) sobre proxecto de carta de servizos (Formato DOC)
Solicitude de informe da dirección xeral de avaliación e reforma administrativa (Dxara) sobre proxecto de carta de servizos (Formato ODT)