Normativa reguladora
A normativa reguladora do Programa de Cartas de Servizos da Xunta de Galicia e dos correspondentes procesos relacionados co desenvolvemento, aprobación, actualización… das Cartas de Servizos por parte da organización da Xunta de Galicia é a que se recolle a continuación.
- Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración.
- Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
- Decreto 97/2020, do 25 de xuño, polo que se regulan determinados instrumentos para a xestión, a avaliación, a supervisión e a mellora da calidade no sector público autonómico de Galicia.
- Orde do 11 de xullo de 2008 pola que se aproba unha guía descritiva de elaboración de Cartas de Servizos na Xunta de Galicia e o Manual de identidade gráfica do Programa de Cartas de Servizos da Xunta de Galicia.