Simplificación administrativa

A Dirección Xeral de Simplificación Administrativa configúrase como o órgano central de impulso de actuacións no ámbito dos servizos públicos e da contratación pública, co obxectivo de acadar unha Administración pública eficaz, eficiente, proactiva e orientada á prestación de servizos de calidade á cidadanía, así como de velar polo cumprimento da política de integridade institucional.