Avaliación e reforma administrativa

Compártao :

Compartir

A Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa configúrase como o órgano central, con ámbito de actuación sobre todas as consellerías e entidades integrantes do sector público autonómico definido pola Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, coa exclusión dos sistemas sanitario, educativo e xudicial, para impulsar actuacións de modernización e reforma administrativa co obxectivo de conseguir unha Administración pública eficaz, eficiente e orientada á prestación de servizos de calidade á cidadanía. Corresponderalle tamén a proposta das políticas de mellora da contratación pública da Administración xeral de Comunidade Autónoma e das súas entidades instrumentais.